Ola querido lector:
Benvido a un dos meus últimos proxectos.
Chámome Santi Rey e nesta web, As miñas Dúbidas da Internet, trato de recompilar as respostas ás preguntas máis habituais que me fan chegar por redes ou ó asistir ó meus obradoiros e talleres sobre Uso Seguro e Responsable da Tecnoloxía.

Pero moito ollo, aquí nada é o que parece. Pero se o que leés váleche, por min todo ok. De todolos xeito a sinceridade debe ir por diante. Ningún dos artigos (insisto, ningún) que podes ler ou esoitar neste blogue foi escrito por min, nin sequera foron escritos por un humano. Todos foron redactados por unha Intelixencia Artificial.
Sabendo isto, deixo ao teu criterio determinar se iso desmerece ou non o contido do que les.
O único que pretendo con todo isto é remover consciencias e facerche pensar sobre o futuro (xa presente) que se nos vén enriba.
Por certo. Se queres “trasterar” ti, esta é ao Intelixencia Artificial coa que interactuo: https://openai.com/
Espero os teus cometarios.
